Aviso legal

Titularidade e réxime de responsabilidade da sede electrónica

O artigo 3.2 do Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro, por que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, determina que a orde de creación da sede electrónica deberá conter a “identificación do seu titular, así como do órgano ou órganos encargados da xestión e dos servizos postos a disposición dos cidadáns nesta”. Segundo o previsto no artigo 2 da Resolución do 15 de marzo de 2010 por que se crea a sede electrónica do Instituto Nacional de Administración Pública:

  • A titularidade da sede electrónica do Instituto Nacional de Administración Pública corresponde á súa dirección.
  • A xestión tecnolóxica da sede é competencia da Dirección e é exercida a través da Xerencia.
  • Os responsables da xestión e dos servizos postos a disposición dos cidadáns son os titulares das subdireccións xerais e departamentos do Instituto Nacional de Administración Pública. A responsabilidade correspóndese coas competencias que cada un dos titulares ten atribuídas na normativa vixente.
  • A xestión dos contidos comúns da sede e a coordinación coas subdireccións xerais e departamentos corresponde á Dirección, que a exerce a través da Unidade de Apoio.

Responsabilidade do titular respecto da integridade, veracidade e actualización da información e os servizos aos que poida accederse a través da sede

O artigo 7.1 do Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro, por que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, dispón que “o establecemento dunha sede electrónica comportará a responsabilidade do titular respecto da integridade, veracidade e actualización da información e os servizos aos que poida accederse a través desta. O titular da sede electrónica que conteña unha ligazón ou vínculo a outra cuxa responsabilidade corresponda a distinto órgano ou Administración pública non será responsable da integridade, veracidade nin actualización desta última. A sede establecerá os medios necesarios para que o cidadán coñeza se a información ou servizo ao que accede corresponde á propia sede ou a un punto de acceso que non ten o carácter de sede ou a un terceiro”. 

Neste sentido, a sede electrónica do Instituto Nacional de Administración Pública avisa cando se abandona a sede mediante unha ligazón situada nela.

Condicións xerais de uso da sede electrónica

O INAP infórmao/a de que o acceso e uso da súa sede electrónica (https://sede.inap.gob.es/) e todos os subdominios e directorios incluídos baixo ela (en diante, conxuntamente denominados como a sede electrónica), así como os servizos ou contidos que a través dela se poidan obter, están suxeitos aos termos que se detallan neste aviso legal, sen prexuízo de que o acceso a algún dos devanditos servizos ou contidos puidesen precisar da aceptación dunhas condicións xerais adicionais.

Por iso, se as consideracións detalladas neste aviso legal non son da súa conformidade, solicitamos que non faga uso da sede electrónica, xa que calquera uso que faga dela ou dos servizos e contidos incluídos implicará a aceptación dos termos legais recollidos neste texto.

O INAP resérvase o dereito a realizar cambios na sede sen aviso previo, co obxecto de actualizar, corrixir, modificar, engadir ou eliminar os contidos da sede ou do seu deseño.

Os contidos e servizos que ofrece a sede actualízanse periodicamente. Debido a que a actualización da información non é inmediata, suxerímoslle que comprobe sempre a vixencia e exactitude da información, servizos e contidos recollidos na sede.

As condicións e termos que se recollen neste aviso poden variar, polo que o/a convidamos a que revise estes termos cando visite de novo a sede.

Frames

O INAP prohibe expresamente a realización de "framings" ou a utilización por parte de terceiros de calquera outros mecanismos que alteren o deseño, configuración orixinal ou contidos da súa sede.

Propiedade intelectual e industrial

Non sendo que se indique unha titularidade diferente, tanto o deseño desta sede e os seus códigos fonte, como os logos, marcas e demais signos distintivos que aparecen nela, pertencen ao INAP e están protexidos polos correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial.

O seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga, queda totalmente prohibida non sendo que medie autorización expresa do INAP.

A licenza de uso de calquera contido desta sede outorgada ao usuario limítase á descarga do devandito contido e ao seu uso privado, sempre que os citados contidos permanezan íntegros e se cite a súa fonte (Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público).

Privacidade e protección de datos

De acordo coa Lei orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, o INAP comprométese ao cumprimento da súa obriga de segredo con respecto aos datos de carácter persoal e ao deber de tratalos con confidencialidade. Con esta finalidade, adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

A recollida e o tratamento automatizado dos datos persoais teñen como finalidade a xestión, prestación, ampliación e mellora dos servizos solicitados en cada momento polo usuario e o seguimento de consultas expostas polos usuarios.

O usuario pode exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, na forma que regulamentariamente se determine para os distintos procedementos administrativos. 

O INAP mantén os niveis de protección dos seus datos persoais conforme ao Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, por que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e estableceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, o mal uso, a alteración, o acceso non autorizado e o roubo dos datos que o usuario facilite ao Instituto, sen prexuízo de que as medidas de seguridade na internet non son inexpugnables.

O INAP resérvase a facultade de modificar esta política de privacidade para adaptala ás novidades lexislativas, xurisprudenciais ou de interpretación da Axencia Española de Protección de Datos. 

Esta política de privacidade é de aplicación ás páxinas da sede. Non se garante nos accesos a través de ligazóns con este sitio, nin ás ligazóns desde este sitio con outras webs. Segundo dispón o artigo 6.1 g) do Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro, por que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, inclúese unha ligazón á sede electrónica da Axencia Española de Protección de Datos.

Política de certificados electrónicos. Requisito

Para poder acceder aos trámites do INAP a través de certificado electrónico, deberá acreditar a súa identidade e asinar electronicamente os escritos presentados.

Para estes fins, admitiranse os certificados dixitais soportados pola Plataforma @firma, isto é, os emitidos polos prestadores de servizos recoñecidos que pode consultar na páxina web da Plataforma.

Uso de linguas cooficiais na sede electrónica

A disposición adicional sexta da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos determina que “se garantirá o uso das linguas oficiais do Estado nas relacións por medios electrónicos dos cidadáns coas administracións públicas, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e na normativa que en cada caso resulte de aplicación”.

Con esta finalidade, as sedes electrónicas cuxo titular teña competencia sobre territorios con réxime de cooficialidade lingüística posibilitarán o acceso aos seus contidos e servizos nas linguas correspondentes.

Os sistemas e aplicacións utilizados na xestión electrónica dos procedementos adaptaranse ao que se dispón en canto ao uso de linguas cooficiais no artigo 36 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común”.

A utilización das linguas cooficiais en calquera lugar desta sede non prexulga a súa admisibilidade en todos os procedementos que integra, que se resolverá en cada caso mediante a aplicación da normativa procedimental mencionada.

Dereito aplicable e xurisdición competente

A lei aplicable en caso de disputa ou conflito de interpretación dos termos que conforman este aviso legal, así como calquera cuestión relacionada cos servizos da sede, será a lei española.

Para a resolución de calquera conflito que poida xurdir con ocasión da visita á sede ou do uso dos servizos que nela se ofertan, o INAP e o usuario acordan someterse aos xuíces e tribunais de domicilio do usuario, sempre que estea situado en territorio español.