Convocatoria permanente para a contratación de proxectos de investigación

Aviso

En estos momentos el INAP está reorientando su actividad de fomento de la investigación en Administración pública. Estamos trabajando en la publicación de una nueva convocatoria para la financiación de proyectos externos de investigación.
Gracias por su comprensión. 
Disculpen las molestias.

La investigación en el INAP

O INAP, no marco do seu Plan Estratéxico Xeral 2012-2015, acordou poñer en marcha unha liña de financiamento aberta para a contratación da execución de proxectos de investigación que se inscriban nas súas liñas prioritarias de traballo, mediante unha convocatoria permanente que se inicia a partir de maio de 2013.

Esta convocatoria está suxeita ao Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, por que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. Polo tanto, lémbrase que non se trata dunha convocatoria competitiva de subvencións ou axudas sometida á Lei 28/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.  

Liñas de investigación prioritarias do INAP 2013

  • Innovación social
  • Función pública
  • Innovación administrativa
  • Innovación formativa
  • Estudos territoriais

Condicións esixidas ao investigador ou equipo de investigadores

Cada investigador ou equipo de investigación só poderá presentar unha única proposición, cuxo importe non exceda de 14.900 euros, IVE excluido (18.029 euros, 21% de IVA incluido). Non poderán solicitar estes proxectos, a partir do ano 2014, aqueles investigadores que recibisen financiamento durante o ano anterior á presentación da solicitude.

Procedemento de contratación

1. Presentación de proposicións

Cada proposición incluirá o proxecto de investigación, o currículo de cada un dos membros do equipo de investigación e un cronograma ou diagrama de Gantt para os que se utilizarán os seguintes modelos normalizados:

As proposicións terán que formularse unicamente a través da sede electrónica do INAP para o que será necesario dispor do DNI electrónico ou de calquera outro certificado electrónico admitido polas administracións pública

A presentación dunha proposición implica o outorgamento da autorización dos membros do equipo de investigación do proxecto para a súa inclusión como expertos no Banco de Coñecementos do INAP.

2. Avaliación de proposicións e propostas de adxudicación de contratos

A Comisión de Avaliación de Proxectos de Investigación, designada polo director do INAP, estará formada por: 

Presidente

  • O xerente do INAP

Vogais

  • Un vocal asesor del INAP.
    Un catedrático de Ciencia Política y de la Administración.
    Un catedrático de Derecho Administrativo.

Secretaria

  • La Jefa del Centro de Estudios y Gestión del Conocimiento del INAP.

 

Esta comisión reunirase periodicamente para avaliar as proposicións recibidas, a súa validez científica e a súa adecuación ás liñas de investigación prioritarias do INAP, e comunicaralle a cada propoñente, no prazo de tres meses, a decisión da Comisión á súa proposición.

Os criterios de avaliación utilizados seguirán as directrices da ANEP (ver FAQ. Convocatoria permanente de proxectos de investigación).

A Comisión dirixirá as propostas de adxudicación de contratos ao director do INAP.

3. Contratación de proxectos de investigación

En caso de ser seleccionado, o proxecto de investigación executarase mediante un contrato co INAP e a súa duración non poderá superar o ano.

Neste sentido, só poderán contratar as persoas naturais ou xurídicas, que teñan plena capacidade de obrar, non estean incursas nunha prohibición de contratar, e poidan acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional, segundo o caso.

As persoas xurídicas só poderán ser adxudicatarias de contratos cuxas prestacións estean comprendidas dentro dos fins, obxecto ou ámbito de actividade que, a teor dos seus estatutos ou regras fundacionais, lles sexan propios.

O beneficiario da concesión adquire o compromiso de publicar os resultados do proxecto de investigación co INAP. En todo caso, o INAP reservarase o dereito de edición dos produtos derivados do proxecto durante dous anos contados a partir da entrega do informe final. Pola súa parte, os autores comprométense a elaborar polo menos un artigo durante o desevolvemento do proxecto e unha monografía ao termo do mesmo para a súa posible inclusión nas publicacións electrónicas ou en soporte papel do INAP e deberán solicitarlle por escrito ao Instituto a autorización para a eventual publicación do traballo de investigación en calquera outro medio. Neste caso, constará que foi financiado polo INAP. Así mesmo, comprométense a aceptar a invitación que o instituto, no seu caso, lles envíe para participar nalgún dos seus seminarios, encontros ou xornadas co obxecto de expor os resultados alcanzados na súa investigación.

Información adicional

O INAP facilitará información sobre a convocatoria no Departamento de Publicacións, Estudos e Documentación, nos teléfonos 91 273 91 38, por correo electrónico no enderezo investigacion@inap.es e a través de https://www.inap.es/convocatoria-permanente

Se ten algunha dúbida, pode consultar as preguntas e respostas máis frecuentes (FAQ. Convocatoria permanente de proxectos de investigación).