Bolsas e axudas
Entre as funcións atribuídas ao Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) figura, entre outras, a de promover a investigación, a formación, a difusión de experiencias e a realización de estudos e publicacións en materias relacionadas coas administracións públicas. Entre as competencias e funcións asignadas ao Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) polo Real decreto 464/2011, do 1 de abril, polo que se aproba o Estatuto do INAP, figura no seu artigo 3.j) a realización de estudos e investigacións multidisciplinares sobre as institucións do Estado, das administracións públicas e da función pública.
Para cumprir esta función e coa finalidade de contribuír á promoción e desenvolvemento de estudos e investigacións, así como á formación de profesionais sobre temas relacionados coas liñas de actuación do INAP, convócanse as seguintes bolsas:
- Bolsas de formación dirixida a titulados superiores universitarios.
- Bolsa para a realización de estudos de posgrao de formación e perfeccionamento profesional de funcionarios de carreira nos Estados Unidos de América, en colaboración coa Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América (Comisión Fulbright).
Así mesmo, para cumprir as funcións de estudo e investigación convócase premio INAP para teses de doutoramento.
No marco do seu Plan Estratéxico Xeral 2012-2015, o INAP fixouse entre os seus obxectivos xerais a xeración de coñecemento e reflexión de alta calidade para a toma de decisións e o deseño de políticas públicas. Unha das estratexias para acadar o devandito obxectivo é a de promover e impulsar un sistema de coñecemento e a cooperación e o desenvolvemento de redes de investigación e innovación.
A promoción da investigación, a colaboración con outras escolas, coas universidades e cos investigadores interesados na Administración e a posta en común dos recursos dispoñibles son as orientacións principais do INAP neste aspecto.
- Convocatoria permanente de proxectos de investigación: o INAP acordou poñer en marcha unha liña de financiamento aberta para a realización de proxectos de investigación que se inscriban nas súas liñas prioritarias de traballo, mediante unha convocatoria permanente.
Por último, tamén se convocan:
- Bolsas de promoción interna do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas para a preparación das probas selectivas para o acceso polo sistema de promoción interna, a determinados corpos e escalas adscritos ao departamento e cuxa xestión se lle encomende ao Instituto Nacional de Administración Pública, así como outras medidas para o fomento da promoción interna.
Estas bolsas e premios convócanse de acordo coa Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e coas bases reguladoras para a concesión de subvencións polo Instituto Nacional de Administración Pública en materia de formación e investigación aprobadas mediante a Orde TAP/1489/2011, do 20 de maio (BOE do 4 de xuño de 2011). As bolsas de promoción interna convócanse mediante as bases reguladoras aprobadas na Orde PRE/2659/2009, do 29 de setembro, polo que se establecen as bases reguladoras de concesión de bolsas e outras medidas de fomento da promoción interna para o acceso a determinados corpos adscritos ao Ministerio da Presidencia (BOE do 1 de outubro de 2009).
Neste espazo poderase consultar información referente ás bolsas e aos premios convocados polo INAP.