Portal do formador
Este é un servizo de información dirixido aos formadores dos cursos ofrecidos polo INAP
Acceso ao servizo: https://PortalFormador.inap.es.
A funcionalidade á que se poderá acceder mediante o uso do certificado electrónico será a seguinte:
1. Consulta e actualización dos datos persoais, profesionais e académicos do/a titor/a
Mediante esta función poderá consultar e actualizar os seus datos persoais, laborais e académicos existentes no INAP. É de especial importancia manter convenientemente actualizado o correo electrónico e os seus datos bancarios.
2. Xestión de propostas
O INAP, durante a planificación das súas accións formativas, poderá publicitar entre os formadores xa rexistrados aquelas accións para as que requira formadores. Mediante este servizo será posible consultar que accións formativas se encontran nese estado e proporse para elas como formador se considera que as súas capacidades son as axeitadas para a impartición dunha acción formativa concreta.