Solicitudes xerais, queixas, suxestións, recursos e alegacións
Este servizo permítelles aos usuarios dos servizos do INAP a presentación electrónica de solicitudes xerais, queixas, suxestións, recursos e alegacións, así como o seguimento destes.
Este servizo require, para a autenticación, os sistemas de sinatura electrónica sinalados no artigo 9.2 da Ley 39/2015, de 1 de octubre, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Así mesmo, as solicitudes xerais, as queixas, as suxestións e os recursos presentados a través deste servizo electrónico deberán estar subscritas coa sinatura electrónica da persoa interesada.
Con esta finalidade, enténdese por:
- Solicitude xeral: a solicitude feita ao INAP para a consideración ou execución dun interese lexítimo do interesado.
- Queixa: a manifestación de protesta contra as accións omitidas ou desenvolvidas polo INAP ou polo seu persoal, en especial as contidas nos compromisos recollidos nas cartas de servizos do Instituto.
- Suxestión: a proposta que se dirixa ao INAP co fin de mellorar os seus servizos, en especial os anunciados nas cartas de servizos do Instituto.
- Recurso: o de carácter administrativo fundado en calquera dos motivos de nulidade ou anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da Ley 39/2015, de 1 de octubre, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e dirixido contra as resolucións ou os actos de trámite cando estes últimos decidan, directa ou indirectamente, o fondo do asunto; determinen a imposibilidade de continuar o procedemento; ou produzan indefensión ou prexuízo irreparable aos dereitos e aos intereses lexítimos.
Despois de que o usuario formule a solicitude xeral, a queixa, a suxestión ou o recurso, este recibirá constancia da súa presentación a través do propio servizo electrónico empregado, iniciándose a continuación o procedemento correspondente, que se axustará á súa normativa reguladora.
Acceso ao servizo de solicitudes xerais, queixas, suxestións, recursos e alegacións